miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

COMARCA DE LUGO

Friol goza da loita entre castrexos e romanos

A localidade lucense de Friol acolle esta fin de semana a terceira edición do Friulio, a festa de recreación histórica que logo de dous anos xa se converteu nun referente entre os eventos que se desenvolven na provincia.

Pero non solo en Lugo. Segundo indicou o alcalde de Friol, José Ángel Santos, "coa programación deste ano queremos lograr que sexa recoñecido como unha das festas históricas máis importantes de toda Galicia".

Dentro dos actos programados, que comezaron na mañá deste sábado e prolongaranse ata o domingo, destaca a coñecida como escaramuza castrexo-romana,  onde loitadores dun e doutro bando mediron as súas forzas... aínda que ao final acabaron como bos amigos.

[VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ]