lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

COMARCA DE LUGO

O Ceip de Portomarín reclama un docente máis para o centro

O Ceip Virxe da Luz de Portomarín pide un novo docente para o centro despois de que se perdera unha praza este curso. Desde a comunidade escolar denuncian que "os nenos e nenas estean agrupados de tres cursos nunha mesma aula", o que implica que os 50 minutos que dura cada clase pasaran a ser 16 para cada curso: "Están hipotecando o futuro dos nosos fillos". Esixen, por iso, que os nenos do rural teñan "igualdade de condicións" en relación ás crianzas da cidade. VÍDEO: XESÚS PONTE