Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

COMARCA DE LUGO

A Casa Museo Manuel María acolleu un 'convivio' ao redor da cultura galega

A Casa Museo Manuel María da localidade lucense de Outeiro de Rei acolleu este sábado unha xornada lúdica e festiva de convivencia centrada na cultura galega e na figura do poeta.  As 13,00 horas, ao pé do río Miño, actuaron a Banda Municipal de Rábade, Begonte, Outeiro 'Sons e Soños', dirixida por Armando Morais Blanco, para logo celebrar un xantar.  Ás 16,30 horas, o grupo de teatro Pereira de Lobos presentou con monicreques 'Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo'; e ás 17,00 horas arrancou a festa con Untía, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de Pau ou Reviravolta, entre outros.