A Montaña

Antía Ameixeiras, protagonista do Canto de Tabernas da Fonsagrada

A violinista Antía Ameixeiras –integrante do dúo Caamaño&Ameixeiras e da banda de Carlos Núñez– foi unha das animadoras do Canto de Tabernas que este sábado se celebrou no marco da VI Foliada da Fonsagrada. "Ir cear unha pizza e que chegue e se poña a tocar a mellor violinista galega", escribiu no Facebook o guía lucense Guido Álvarez, que compartiu un vídeo da actuación de Ameixeiras no bar O Atallo.
Comentarios