A Mariña

Cacerolada en Xove en apoio aos traballadores de Alcoa

O comercio de Xove impulsou este xoves unha cacerolada a favor da continuidade da industria do aluminio e para apoiar aos traballadores da fábrica de Alcoa. 

A asociación de comerciantes tamén organiza este sábado unha marcha reivindicativa que sairá á unha da tarde á altura de Establecimientos Rey e seguirá pola travesía de Xove en dirección Burela e pola estrada xeral LU-862 ata chegar á rotonda de Beltrán, onde rematará. 

O convocantes piden aos asistentes que leven vestimentas negras. Tamén se sumarán á marcha vehículos de empresas que van saír desde o polígono industrial de Camba.

VÍDEO: J.Mª ÁLVEZ

Comentarios