A Mariña

Unha ventá a Belén en Burela

Un ano máis, o belén instalado no escaparate de Disfraces Perona, en Burela, vén a complementar a decoración de Nadal da vila. A escenificación conta con centos de figuras –algunhas delas móbiles e realizadas a man–, un río polo que discorre auga, varios muíños de vento que moven as aspas e unha morea de pequenos detalles que fan este belén único.
Comentarios