A Mariña

Volve o mercado semanal de Ribadeo, con nova ubicación

O mercado semanal de Ribadeo recuperouse este mércores con nova ubicación, no aparcamento municipal, para asegurar o cumprimento das distancias de seguridade. Entre as medidas impostas en resposta á crise sanitaria, os vendedores deben levar máscara e garantir os dous metros de separación entre eles e a clientela, desinfectar e limpar frecuentemente a maquinaria empregada ou poñer a disposición dos clientes luvas e líquido hidroxel. Os usuarios tamén deben manter a distancia de dous metros entre eles e permanecer o menor tempo posible no mercado, recomendándose tamén o acceso con máscara e luvas. VÍDEO:JOSÉ MARÍA ÁLVEZ
Comentarios