jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

A MARIÑA

Feijóo comprométese en Viveiro a presentar este ano o proxecto para a ampliación da LU-540

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a presentar este ano o proxecto para a ampliación da estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros), incluída no programa do candidato popular á alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez.

Fíxoo durante o mítin celebrado este martes no hotel Las Sirenas. "O noso candidato pediunos que mellorasemos a estrada que une Viveiro coa meseta. Eu comprométome a presentar neste 2019 o proxecto para mellorar esa estrada e facer carrís de adiantamento durante a maior parte dese percorrido", apuntou.