A Mariña

Feijóo apoia a Óscar Rodríguez en Viveiro

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto este martes, no hotel Las Sirenas, en Viveiro, a quen noutras eleccións optasen polo PSOE e aos "moitísimos socialistas que non estean de acordo co espectáculo" visto cos presos do 'procés' como deputados electos na sesión de constitución das Cortes xerais.

"Ver a eses políticos independentistas, como rin de todos no Congreso e no Senado, como din que hai que construír a república catalá no mesmo momento que xuran ou prometen a Constitución porque non a van a cumprir nunca", criticou o tamén presidente da Xunta durante un mitin en Viveiro.

Por iso, e tras asegurar que hai "moitísimos socialistas que se sinten españois", Feijóo suxeriu que "hai que pedirlles o voto" para o PP nas próximas eleccións municipais.

Mirando cara ao candidato popular á alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, o líder dos populares galegos garantiu que eses votantes do PSOE "estarán moito máis seguros" con el á fronte do goberno local que coa actual rexedora socialista, María Loureiro. 

Comentarios