A Mariña

"As cubas non se paran", o berro unánime 33 anos despois do Casón

Os traballadores de Alcoa en San Cibrao concentráronse este mércores para conmemorar a parada das cubas da fábrica hai 33 anos logo do afundimento do Casón.

Máis de tres décadas despois é precisamente a parada das cubas de electrolise o que tenta evitar o plante, pendente dun despedimento colectivo para 524 empregados que aseguran que, de executarse, sería un golpe letal para a economía da comarca da Mariña. Por iso, o berro xa coñecido de "as cubas non se paran" resoou con forza na noite de San Cibrao, onde desde as 21.00 horas, na Praza da Casa da Cultura, se levou a cabo esta nova protesta. A vila quedou a escuras en apoio aos traballadores.
 

Comentarios