sábado. 26.09.2020 |
El tiempo
sábado. 26.09.2020
El tiempo

A Mariña

O Servizo de Emerxencias Municipais de Cervo desinfecta as rúas dúas veces ao día

O Servizo de Emerxencias Muncipais traballa na desinfección dúas veces ao día das contornas públicas do municipio (beirarrúas, fachadas, mobiliario urbano...); prestando especial atención ás zonas nas que están ubicados os establecementos cuxa apertura está autorizada por Sanidade.

Este protocolo esta incluído no Plan de Emerxencias Municipal en fase de alerta (Pemu) que foi activado no día de onte; e prioriza a desinfección do Centro de Día Residencia e dos centros de saúde de Cervo e San Ciprián. A desinfección, que terá lugar preferentemente antes das aperturas e ao mediodía, levarase a cabo cunha disolución de hipoclorito en 1:50, seguindo as recomendacións da Consellería de Sanidade.