A Mariña

O CEIP Plurilingüe de Covas celebra o Día das Letras Galegas cun orixinal videoclip

O CEIP Plurilingüe de Covas celebra o Día das Letras Galegas cun orixinal videoclip inspirado na última campaña de Gadis no que alumnos de cada un dos niveis educativos bailan a tradicional muiñeira en distintos puntos emblemáticos do Concello de Viveiro, como o parque Pernas Peón, a Praza Maior ou a Igrexa de Santa María. A videoproducción remata cunha fermosa vista global de todo o alumnado dende os Castelos na praia de Covas.
Comentarios