A Mariña

Alumnos do colexio de Cervo chaman a participar nunha carreira virtual en favor de Cruz Vermella

Estudantes do colexio de Cervo protagonizan un vídeo promocional no que animan a todos os veciños a participar nunha carreira solidaria para recadar fondos para Cruz Vermella e as vítimas da pandemia do coronavirus. A inscripción pode facerse na web en rockthesport.com e cada dorsal solidario costa 2 euros. Pódese participar dende este martes 9 de xuño ata o domingo 14. "Este ano, máis que nunca, corre con nós", animan os rapaces.
Comentarios