martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

A MARIÑA

Traballadores de Alcoa colocan lazos 'azul eléctrico' en Xove

Este venres, os traballadores de Alcoa comezaron unha nova acción de protesta que consiste en colocar "lazos azuis" en distintos puntos da Mariña. Nesta xornada comezaron en Xove (no clip) e despois continuaron en Cervo.
 
"Iremos aos puntos máis visibles e os lugares máis concorridos" da zona da Mariña, asegurou o presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao (Cervo), José Antonio Zan. Ao tempo recalcou que con esta protesta pretenden que "quede constancia" do "problema" ao que se enfrontan, "ao que non se lle deu solución". 

Finalmente, sobre o próximo Consello de Ministros do martes, Zan manifestou descoñecer se finalmente se anunciará o Estatuto e deixou caer que levan "tantos martes esperando, que un xa non espera nada".