A Chaira

Vilalba vai de festa cun pregón para a historia

O pregoeiro das festas de San Ramón e Santa María de Vilalba, o médico Alberto García Basteiro, sorprendeu o público que abarrotou o auditorio sacando a guitarra. García Basteiro, coordinador da área de tuberculose nun centro de investigación en Mozambique, cantou unha canción que el mesmo escribiu para o momento, nunha actuación recibida cun enorme aplauso.
Comentarios