Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

A CHAIRA

Santa Mariña de Guitiriz celebra el I Memorial Irmáns da Lexía

A asociación cultural Xermolos, a Irmandade Manuel María e os Riazor Blues organizaron o I Memorial Irmáns da Lexía, unha proposta que nace con vocación de continuidade que conxuga fútbol, música e un xantar de irmandade para lembrar aos represaliados Bebel, France e Jaurés García.

A parroquia de Santa Mariña de Guitiriz, onde os tres irmáns coruñeses foron apresados no ano 1936, acolleu este domingo o acto memorial, que contou cunha ofrenda floral no monolito na súa honra inaugurado o pasado mes de xullo e outra na fosa común do cemiterio, onde se atopan enterrados os restos de varios paseados sen identificar.

[VÍDEO: CRISTINA ARIAS]