Jueves. 18.04.2019 |
El tiempo
Jueves. 18.04.2019
El tiempo

A CHAIRA

As Súas Maxestades paséanse por Begonte en vehículos clásicos

O municipio chairego de Begonte recibiu este sábado a visita dos Reis Magos, para as delicias dos pequenos (e non tan pequenos).

As Súas Maxestades de Oriente foron recibidos pola Corporación municipal, onde recibiron as peticións dos nenos e nenas begontinos.

Despois, os Reis protagonizaron a tradicional cabalgata por Begonte montados en vehículos clásicos. No desfile, tamén se puido gozar da presencia de personaxes tan ilustres como Mickey Mouse ou Peppa Pig.

[VÍDEO: CRISTINA PÉREZ]