A Chaira

O persoal do matadoiro do Grupo Sada mobilízase en defensa dos empregos

Traballadores do matadoiro do Grupo Sada e representantes sindicais concentráronse este xoves en defensa da continuidade de todos os empregos. O acto, convocado polo comité de empresa e que reuniu un centenar de traballadores e representantes sindicais, levouse a cabo entre as 13.00 e as 15.00 horas diante do matadoiro que a empresa ten en Castro de Ribeiras de Lea. O tráfico viuse afectado durante uns minutos.

Pola súa parte, o Grupo Sada afirmou que o seu "compromiso coa planta é sólido" e mostra iso cun "investimento de seis millóns de euros nos próximos catro anos para mellorar todas as instalacións". A empresa indicou que o seu obxectivo é "reducir a saturación actual do matadoiro e da sala de despiece", reubicando parte da produción noutras plantas do grupo. Coas medidas implantadas, a empresa busca mellorar a "eficiencia produtiva e a sostenibilidade" a medio e longo prazo.

Comentarios