Suegos conmemorou este sábado os 200 anos do santo José María Díaz Sanjurjo. Houbo peregrinación desde Mosteiro, cunha vista á casa natal do homenaxeado, onde se rezou unha oración.
Díaz Sanjurjo naceu en Pol o 25 de outubro de 1818 e realizou os seus estudos eclesiásticos en Lugo, Santiago e Ocaña, en Toledo. Tras morrer martirizado, foi beatificado por Pío XII en 1951 e canonizado por Juan Pablo II en 1988.
TEXTO E VÍDEO: CRISTINA PÉREZ