Sábado. 25.05.2019 |
El tiempo
Sábado. 25.05.2019
El tiempo

A CHAIRA

Os nenos deléitanse coa maxia nos Xogos da Mancomunidade

O Mago P fixo as delicias dos máis cativos durante un dos eventos do XXVIII Xogos da Mancomunidade, que se celebraron en Cospeito.

Ademais, durante a mañá deste sábado disputáronse as finais de fútbol sala, tenis de mesa, baloncesto e xedrez, mentres que as probas de atletismo se celebraron o martes.

Os nenos participantes nestes xogos son dos concellos de Cospeito, Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei e Outeiro de Rei.

[VÍDEO: SILVIA IGLESIA]