A Chaira

Meira celebra xa a súa Festa da Malla

Este domingo a Festa da Malla de Meira celebra o seu 30 aniversario. Os membros da Asociación de Amigos da Malla de Meira e algúns voluntarios comezaron a traballar cedo na Praza Maior da localidade, atraendo a atención de numerosos visitantes. Despois haberá un xantar a base de cocido.

Ademáis, haberá preto de 30 postos de artesanía, unha mostra de maquinaria antiga, xogos para nenos, unha ruta de tractores que partirán dende Abadín e a música de Nove Ferreñas, o trío Muralla, a Banda de Música de Meira, a de gaitas da Escola de Música meirega, a Banda de Acordeóns e o grupo Leña Verde.