A Chaira

Máis de 500 persoas están chamadas ao cribado en Guitiriz

O incremento de casos de covid rexistrado en Guitiriz nas últimas xornadas levou ao Sergas a organizar un cribado para este xoves no municipio, ao que están convocadas máis de 500 persoas. Entre elas, profesionais do sector servizos ou persoas relacionadas co centro de día e co colexio do municipio. Con 61 positivos nos últimos 14 días, Guitiriz ten unha incidencia acumulada de 1.111 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.

VÍDEO: CRISTINA PÉREZ
 

Comentarios