sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

A CHAIRA

Máis de 400 persoas participan nunha andaina contra a leucemia infantil en Guitiriz

Máis de 400 persoas participaron na Andaina Solidaria que se celebrou este martes en Guitiriz a prol da loita contra a leucemia infantil. A actividade foi organizada polos tres centros educativos do concello (IES Poeta Díaz Castro, CEIP Lagostelle e Ceip Santo Estevo de Parga) en colaboración co Concello de Guitiriz.

Debido ao mal tempo, os escolares de Parga non acudiron, pero si todos os de primaria do Lagostelle, cos seus mestres, e toda a comunidade educativa do instituto. Tamén se sumaron veciños. Saíron do Campo da Feira e percorreron un tramo da Ruta da Auga de Guitiriz