A Chaira

Os irmáns Coira xa forman parte do Paseo dos Soños de Vilalba

Pepe, Carlos e Jorge Coira entraron xa no Paseo dos Soños de Vilalba como titulares conxuntos do XVII Hectómetro Literario.

Son sete irmáns, pero mentres a maioría deles seguiron os pasos dos seus pais, médico e boticaria, Pepe, Carlos e Jorge inclináronse máis cara as afeccións cinematográficas e literarias tamén moi presentes na familia

E é que, aínda que eles naceron e se criaron en Rábade -no Ramal, a vía que une a estrada de Vilalba coa estación de tren-, as súas raíces son chairegas -a casa da madriña está en Santa Cristina (Cospeito) e o seu pai era de Trobo (Begonte).

VÍDEO: CRIS PÉREZ