A Chaira

Homenaxe a Alfonso Blanco no San Alberte en Guitiriz

Dentro das XII Xornadas do Peregrino, promovidas pola asociación Abrindo Camiño, organizouse unha homenaxe ao párroco Alfonso Blanco Torrado, delegado do colectivo na comarca da Terra Chá. 

O acto, moi emotivo, incluiu a presentación dunha nova edición da revista Guieiros adicada ao homenaxeado e moitas intervencións, poéticos e musicais, de amigos, familiares e colaboradores de Xermolos e da Irmandade Manuel María.