A Chaira

A Feira do Poldro e do Gando de Muras celebra a súa 33 edición

A Feira do Poldro e do Gando de Muras cumpre a súa 33 edición no Alto da Gañidoira. Este domingo houbo moita afluencia de público e uns 250 animais repartidos en 22 curros. A cita, que dende 2019 ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, retomouse despois dun ano de parón pola pandemia. A charanga Os Trileros de Guitiriz animou a xornada.

VÍDEO: Marta Mancebo
Comentarios