A Chaira

Vilalba rexeita os comportamentos machistas: "Eu non son ese home"

Con motivo do 25-N, Día contra a Violencia de Xénero, o Concello de Vilalba lanzou unha campaña en contra dos comportamentos machistas: "Eu non son ese home".

Distintos rapaces e homes da localidade rexeitan actitudes propias "da masculinidade hexemónica que conforman as violencias machistas contra as mulleres".

Participan no vídeo desde distintos eidos: forzas de seguridade como a Garda Civil e a Policía Local, bombeiros, así como tamén desde o eido educativo, cultural, sanitario, gandeiro, hostaleiro ou deportivo.

Desde o Concello, especialmente desde a área de Igualdade e o CIM, agradecen "a súa participación pola importancia de que dean un paso cara adiante na condena máis absoluta á violencia de xénero en todas as súas formas, así como a creación de novos referentes que se afasten de comportamentos e actitudes machistas".

Comentarios