A Chaira

Nova concentración das auxiliares de Endesa en As Pontes

Os traballadores da industria auxiliar de Endesa en As Pontes concentráronse este mércores ante a central térmica para esixir "solucións concretas" para a continuidade dos seus empregos, "posto que só lles garante o nivel de traballo nas contratas ata finais de ano".

Entre as súas reivindicacións tamén está a de que haxa garantías de que no proceso de transición enerxética "se teña en conta" á industria auxiliar. Ademais, denuncian a "desidia" da dirección de Endesa ao non fixar unha data para reunirse cos representantes dos traballadores.

VÍDEO: Cristina Arias

Comentarios