A Chaira

Concorrida homenaxe a Alfonso Blanco, nomeado Fillo Adoptivo de Guitiriz

O párroco e dinamizador cultural Alfonso Blanco Torrado recibiu este sábado a distinción de Fillo Adoptivo de Guitiriz nun acto público na igrexa de Santa María, chea para a ocasión. Na homenaxe tocou a banda. O crego, que naceu en Montevideo o 15 de marzo de 1950 e que se instalou en Guitiriz hai algo máis de 40 anos, foi fundador da asociación cultural Xermolos e da Irmandade Manuel María da Terra Chá, das que continúa a ser coordinador, igual que da Universidade Rural Galega.

Comentarios