A Chaira

Cabreiros acolle a presentación de 'Xermade na Historia'

Este sábado presentouse o libro 'Xermade na Historia', promovido pola asociación de veciños de Cabreiros, o Concello de Xermade, a facultade de Ciencias da Educación da USC e a Deputación de Lugo. A obra recolle os cinco traballos premiados nas dúas edicións do premio de investigación que leva o mesmo nome. O acto celebrouse en Cabreiros e actuou Axóuxere.

Comentarios