A Chaira

Beiras intervén nun acto de Vilalba Aberta

O veterano Xosé Manuel Beiras interviu este sábado en Vilalba nun acto da plataforma asamblearia Vilalba Aberta na área recreativa da Magdalena. A cita foi bautizada como 'Vermú cara ás municipais'. Tamén falaron o alcalde de Sada, Benito Portela, e María Xose Lamas e María Xosé Fernández, de Vilalba Aberta, e Modesto Renda, voceiro na corporación municipal. Buscan "construír unha alternativa e que haxa un cambio político en Vilalba". VÍDEO: CRIS PÉREZ
Comentarios