Lugo

Inauguración simbólica por arte de maxia do novo Auditorio de Lugo

O xoves 23 de xuño cúmprense dous anos dende que o goberno municipal é propietario do novo Auditorio de Lugo.

O Grupo Municipal do Partido Popular, dentro da súa campaña de actos reivindicativos para abrir este edificio ao talento e a creatividade, invita aos cidadáns a participar nun espectáculo de maxia. Será unha función gratuíta co Mago Rafa o vindeiro mércores 22 ás 20.00 horas diante do novo Auditorio de Magoi.