Opinión

Modelo enerxético e xeopolítica

Non hai moito saíu nos medios unha noticia que nos chamou poderosamente a atención; o Goberno austríaco alertaba á súa poboación de un gran apagón eléctrico a escala europea. En principio non parece probable, segundo os expertos, no marco actual, pero ¿e no marco dunha transición enerxética?

Quizais nos preguntemos se en vez de mirar as reservas de petróleo que nos quedan, habería que mirar a capacidade eólica, solar e forza das mareas dos distintos territorios europeos, pois suponse que a partir do 2050 serán estas enerxías renovables as que terán que mover o mundo.

Pero hai quen pon en dúbida estas cousas que nos contan, pois segundo parece coas eólicas, a solar e a das mareas non se satisfarían as necesidades totais de enerxía actuais, xa sen contar que a poboación mundial seguirá crecendo e non se estabilizará ata o 2100.

Para favorecernos desas enerxías alternativas necesitamos que eses fenómenos se produzan; se non sae o sol por ser de noite ou estar nubrado non hai electricidade, se non hai vento non hai electricidade e se se xuntan ambas as situacións non poderiamos nin poñer a lavadora, polo que será sempre necesario unha enerxía alternativa e esta parece ser que será a nuclear, e xa veremos se non empezan a convencernos de que non é tan mala como nos dicían.

Quizais non quede máis remedio que aceptar o plan verde que nos acaba de propor Bruxelas sobre a enerxía nuclear e o gas natural

Un dos problemas da electricidade é que, de momento, non se pode almacenar, aínda que China de forma experimental fixo unha planta de almacenaxe pero a súa capacidade resulta insuficiente e será, por tanto, necesario ter outros recursos de produción de electricidade alternativos como o hidroeléctrico. Pero o carbón contamina, o gas aínda que en menor medida tamén contamina, e os embalses para xerar a hidroeléctrica, como ben sabemos na Ribeira Sacra, alteran o ecosistema e a paixase.
A nuclear produce residuos, aínda que se está experimentando co bombardeo de neutróns para acortar o seu tempo de radiación, e as renovables, como vimos, non son constantes nin regulares. 
A electridade non se pode almacenar e se a iso engadimos que se están potenciando os coches híbridos e eléctricos (transporte descarbonizado) co conseguinte aumento da demanda de enerxía eléctrica, está claro que coas renovables só non chegamos a fin de mes. E encima a estas tamén lle están saíndo movementos en contra porque alteran a paisaxe (un dos problema que puxo o Icomos á concesión de Ribeira Sacra Patrimonio Mundial foi que se vían, aínda que non estiveran no seu territorio, no paixase circundante parques eólicos).

No proxecto a medio-longo prazo de transición enerxética en Europa cara a unha obtención a través das renovables, faise necesaria a entrada de fontes de enerxía baratas alternativas ao petróleo que poidan apoiar esa transición, como o gas, que aínda que non renovable é máis barato, máis cercano e menos contaminante có petróleo. Así nun principio poderíanse desenrolar e combinar as renovables (solar, eólica e mareas) coas fósiles, como o gas principalmente, ata que se logre desenvolver unha enerxía nuclear aceptablemente segura que pasaría a ocupar o lugar dos hidrocarburos.

A crise do petróleo de 1973 deixou claro que, para o mundo industrializado, localizado xeralmente lonxe das fontes de enerxía, o acceso aos recursos seria básico para a estabilidade do sistema. Agora estámolo comprobando co gas, e valla un exemplo: a construción do novo gasoduto Nord Stream (capital ruso) conectará Alemaña directamente coas fontes subministradoras de gas en Rusia. Rusia encantada pois así de paso poderá meter en vereda a Ucraína o non ter que utilizar, se quere, o actual gasoduto que pasa por Centroeuropa (Ucraína, Polonia e Eslovaquia) que así deixaría de ingresar moita pasta polos dereitos de paso do gas ao seu través.

Estados Unidos, como máximo produtor mundial de gas, non quere perder cota de mercado en Europa e presionou a Rusia e Alemaña. A pesar de que a Unión Europea vexa inadmisible esta inxerencia de EE.UU. en materia de enerxía no seo territorio, a propia Unión tamén lle amosou a Alemaña o seu malestar pola construción do gasoduto e non ter diversificado os seus provedores.
 Ao fin un tema moi preocupante para Europa e especialmente para Alemaña pois o 70% da súa enerxía primaria vén de Rusia, polo tanto, en certa maneira, Rusia ten nas súas mans a Unión Europea pois se dependes dun país para manterte activo estás nas súas mans.

A realidade parece ser que nola simplifican e é máis complexa do que nos contan. Quizais non quede máis remedio que aceptar o plan verde que nos acaba de propor Bruxelas sobre a enerxía nuclear e o gas natural para non ser tan dependentes, xa non só en materia enerxética, senón tamén politicamente doutros países alleos á Unión Europea. 

Comentarios