jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

Refuxiado

REFUXIADO FOI elixida como a palabra do ano pasado en galego e castelán se cadra porque o drama da migración masiva cara a Europa, que nos deixou imaxes tan impactantes como a do cadáver do neno Aylan nunha praia turca, removeron as nosas conciencias e fixeron que nos decatáramos do fráxil que pode ser a nosa estabilidade cando o país no que vivimos se ve envolto nunha guerra. Aínda quedan españois vivos que, coma eses nenos sirios que vemos coa mirada perdida camiñando por estradas ou esperando en estacións, fuxiron daquela guerra que enfrontou irmáns. Sen embargo, malia a débeda que este país debería ter coa historia polo amparo que recibiron os nosos refuxiados, as cifras de acollida din que España apenas recibe desprazados e, segundo indicaba hai uns días a Conferencia Episcopal -unha fonte nada sospeitosa de ir contra o Goberno central-, ata agora só chegaron unha vintena dos cerca de 17.000 previstos. E pese a que tamén habería que preguntarse se os migrantes teñen interese en quedarse nun país cunha taxa de paro que duplica a media europea, a realidade é que malia que a palabra refuxiado puido ser a máis recollida polos medios de comunicación españois, este país está a vivir de costas a unha crise humanitaria que, por moito que se enturbie con atentados e denuncias de agresións sexuais, é agora mesmo unha traxedia que require solucións, non escusas.

Refuxiado
Comentarios