Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Castelán

A DESAPARICIÓN do idioma castelán da páxina web da Casa Branca foi, segundo a nova Administración Trump, só un problema técnico, malia que como todo o que está a facer o presidente estadounidense desde a súa toma de posesión xa foi interpretado coma un xesto político incluso desde o Goberno de España. Sen embargo, pensar nunha cruzada anglosaxona contra o español en Estados Unidos pode resultar tan absurdo como crer que en Galicia a lingua de Cervantes pode estar en perigo por un decreto de normalización lingüística que nin sequera se cumpre. De feito, o país de Trump ten agora mesmo máis hispanofalantes que a propia España e iso sen contar os que viven nese país sen papeis. Mesmo hai inmigrantes latinos que logo de toda unha vida en cidades como Nova Iorque ou Miami non deron aprendido máis que as palabras básicas do inglés e mesmo reprenden aos seus netos se non lles falan o castelán. Viaxar por Estados Unidos resulta ademais doado para un latino negado para o inglés, pois en calquera aeroporto, restaurante ou tenda hai alguén que o pode atender en español. Por iso, penso que poden estar tranquilos os que ven unha ameaza para a segunda lingua materna máis falada do mundo a retirada temporal do castelán dunha web oficial ou que nos colexios de Catalunya e Galicia lles ensinen aos rapaces na fala dos seus avós. E se non, váianlle a outro coa trangallada.

Castelán
Comentarios