jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

América

FALOU AMÉRICA e tremeu unha Europa acostumada a que o vixía de Occidente dera pasos previsibles e acompasados a ese papel de nación preeminente. Ninguén desa clase política internacional chamada ‘establishment’ quería pensar na posibilidade de que Donald Trump acabase elixido presidente de EE.UU., aínda que só con sentarse unha tarde a zapear polo preto de mil canais que ofrece a televisión por cable dese país un pode darse conta de que si, el si podía.

En América, que é como lle chaman os estadounidenses ao seu país nun intento de acaparar o continente, todo é grande e por iso o lema de Trump, ‘'Fagamos América grande de novo'’, callou rapidamente nunha sociedade que desde o 11-S viu como se facía vulnerable non só a súa seguridade, senón tamén a súa economía. Aínda que a Europa só chegaban as ‘boutades’ de Trump, os estadounidense escoitábanlle un discurso claro, directo, case monosilábico co que día a día ía minando un electorado demócrata divivido e parte del desmotivado por non poder votar polo seu candidato, Bernie Sanders.

Logo de ter pasado este mes de xullo entre a axitada Nova Iorque e a mansa Luisiana, volvín á casa coa sensación de que era inevitable que un tipo coma Trump, con ise discurso populista que se metía nos poros da pel da clase media, podía dar a badalada. Agora que xa está aí, a Europa só lle queda amoldarse, como sempre fixo, ao que lle veña de América.

América
Comentarios