Opinión

Can e pastor

A vida nas aldeas e o día a día dos ministerios de Dereitos Sociais e de Agricultura transcorren en realidades paralelas. Iso é o que se desprende do proxecto de lei de protección, dereitos e benestar dos animais, que esquece unha cuestión inherente ao labor do can pastor: para gardar o rabaño do lobo e evitar que os animais escapen, ten que andar ceibo. O texto equipara estes traballadores co resto de mascotas no tocante á prohibición de deixar animais "soltos ou en condicións de causar danos en lugares públicos ou privados de acceso público". Isto, que cae de caixón, é outra mostra do distanciados que están do agro os que lexislan dende os despachos.

Comentarios