lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Xustiza politizada, política xudicializada

DECISIÓNS xudiciais ateigadas de carga política non son estrañas, como tampouco as denuncias contra cargos de representación ou decisións tomadas en institucións co claro obxectivo de menoscabar os rivais. Isto buscaba Vox ao recorrer ante o Constitucional os estados de alarma, tombados pola maioría conservadora. Na actualidade, mentres non se renove o que corresponde neste alto tribunal, son máis os maxistrados designados a proposta do PP que os elixidos por apoio do PSOE, e así se produciron os previsibles resultados, 6-5 o do primeiro e 6-4 o do segundo, cos correspondentes votos particulares dos perdedores do bloque progresista. Os tribunais están atestados de casos con intencionalidade política, e algunhas veces nin falta fai chegar a xuízo para cumprir o cometido de acabar con carreiras políticas. Non é preciso saír de Lugo para atopar sobradas evidencias. Abúsase da xudicialización da política e tamén exceden as sentenzas politizadas.

Xustiza politizada, política xudicializada