Opinión

Un xullo politicamente especial

 

UN MES habitualmente de apatía política estase convertendo non fervedoiro. Podía chegar o PP ao congreso do 20-21 con tranquilidade se o dedo de Rajoy deixara marcado un elixido ou ben se nas primarias un dos candidatos superara ou se achegara ao 50 por cento da militancia votante e deixara descolgados aos demais, pero non foi así e agora os aínda dirixentes e os que aspiran a selo viven coa tensión de quen non ve claridade no futuro. Podía chegar tamén Cataluña distendida á reunión Sánchez-Torra, pero ocorre todo o contrario a pesar dos xestos de uns (sobre todo o Goberno) e de outros (mínimos). Por isto xullo, que anima máis á praia agora que vén o bo tempo que ao debate e o enfrontamento político, é este ano tan especial. E por se parecera pouco, a retirada dos restos de Franco do Valle dos Caídos, para desesperación dos nostálxicos. Asuntos transcendentes nun mes atípico.

Comentarios