Opinión

Xuíces democráticos

O XUDICIAL, como poder do Estado, é elixido polos cidadáns, como o lexislativo e o executivo. Indirectamente, iso si, porque en España temos esta democracia, primeiro designamos os representantes nas Cortes, que despois nomean o presidente do Goberno ou os membros do CGPJ. Así se leva facendo décadas, pero agora o Consello de Europa reclámalle a España que cambie o sistema. Esa entidade intergobernamental que naceu no 1949 para velar polo estado de dereito dos países membros, debe de considerar antidemocrática a elección polo Congreso. Vería máis democrático que o poder xudicial saíra dos propios xuíces, igual que se os deputados só puideran ser designados polos militantes dos partidos ou polos funcionarios. En Estados Unidos hai xuíces elixidos directamente polos cidadáns, nada máis democrático que iso, pero aquí algúns queren involucionar, quizais para mandar no Supremo por atrás, como recoñecera un dirixente político.

Comentarios