domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Xa que non se suman, queren restarlles

NON É INUSUAL que os partidos aspiren a recoller votos por temor a outros ademais de polo atractivo propio. Decisión de mal menor. Pero suma. O de depositar un sufraxio contra algo é un argumento electoral estendido, aínda que na papeleta aparezan unhas siglas beneficiadas por iso. O PSOE recibiu apoios que noutras circunstancias non tería o pasado 28-A por medo á extrema dereita. Os socialistas foron por iso os principais receptores da mobilización cidadá nas urnas. O PP recorre desta volta a un lema que deixa claro que o importante é que saia do Goberno quen agora o ocupa, e de paso atribúese a exclusividade da alternativa. Este atinado slogan, "Eles ou nós?", parece a opción continuísta da fallida España Suma, pero sen os partidos que non se quixeron integrar, para arrebatarlles a maior parte posible do electorado. Ou sexa, o que historicamente é coñecido como voto útil, para desesperación dos partidos emerxentes incapaces do sorpasso.

Xa que non se suman, queren restarlles