Opinión

Xa que non político, si económico

Avances sen concreción. Dúas novas de gran transcendencia, só de intencións, aínda que parece que na dinámica do consenso: o Goberno español pretende estender os Ertes varios meses e os grandes empresarios reclaman que se impulse a recuperación con axudas europeas, esas imprescindibles pero que a oposición quere endurecer nun xesto ben pouco patriótico, por máis que ás veces ondee a bandeira e se lle encha a boca coa palabra España. E unha terceira nova interrelacionada coas anteriores, a petición da patronal de que se amplíen os expedientes de regulación temporal, un instrumento na liña que defende de colaboración pública-privada na que o financiamento será clave para o investimento e, así, a creación de emprego. Logo do desasosego sentido polo empresariado co pacto alcanzado entre Goberno e Bildu para derrogar a reforma laboral, parece que volve a sintonía, e aquí, incluso máis que na póla política, a unidade sería básica.

Comentarios