Opinión

Voto útil e voto do medo

COMO CONTINUIDADE da campaña de decembro, nesta era lóxico que se aparcaran programas, xa manidos e que en pouco difiren dos anteriores. Entón había que buscar alternativas, pero ninguén foi moi novidoso, máis ben recórrese a mensaxes clásicas, por iso volveu xurdir con forza a reclamación do voto útil, que para o 20-D non se utilizara pola división cuatripartita en substitución da bipartita. Pero coñecidos os resultados de hai seis meses, recuperan algúns unha teoría coa que de un en un pretenden atraer para si masas de sufraxios. Niso pelexan por bandos PP-C’s e Podemos-PSOE, aínda que os primeiros fan dobre campaña, a súa e a de Podemos, porque apelar ao voto do medo co argumento de que vén «a esquerda radical comunista» favorece o seu voto útil porque dan como rival ao partido morado, que así lle arrebataría electores ao PSOE. Son os retorcementos da campaña.

Comentarios