Opinión

Votar partidos ou candidatos

HAI VECES que unha formación política está por riba do candidato e outras nas que pode ser unha rémora para o aspirante. Nas eleccións xerais últimas e penúltimas as siglas do partido maioritario sobrepasaban a quen pretendía continuar como presidente, pois de feito Rajoy era entre os líderes o peor valorado, e aínda así conseguiu manterse como máis votado grazas ás siglas. Nas eleccións autonómicas galegas ocorre á inversa, pois Feijóo é a figura máis aceptada e porén o PP como tal, maquinaria á parte, pouco lle pode aportar, por iso se agocha o logotipo na campaña. Ben distinto é o caso de C’s, no que Rivera é figura central e quen se esconde incluso na propaganda que chega ás casas é a candidata  a presidenta. De feito é probable que algúns votantes deste partido non saiban nin o seu nome cando depositen a papeleta. Pero tanto lles ten, pois votan marca. Outros, persoas. Depende.

Comentarios