Opinión

Vontade popular non respectada

INSÓLITO é, porque o tribunal de garantías toma unha decisión preventiva, algo que só ocorrera co procés, en vez de resolver unha vez lexislado; pero non tan grave como para poñer en risco a democracia. Está dentro da contenda política, aínda que un dos poderes do Estado desta volta non reflicta no seu reparto a vontade popular como si ocorre cos outros dous.

Porque CGPJ e Tribunal Constitucional seguen sendo próximos ao PP, que facilitou o nomeamento da maioría dos seus membros cando gobernaba e que se resistiu a perder o control do xudicial tras ceder lexislativo e executivo, esa é a principal anomalía, e por iso o TC vota en contra do Goberno cunha fidelidade absoluta ao número de designados por cada un dos bloques, conservador e progresista (seis por cinco), e que cando estaba en xogo o escano dun deputado de Podemos tomara unha resolución radicalmente oposta á referida a si mesmo. Raro sería que alguén votara contra quen o elixiu.

Comentarios