Opinión

A voltas coa nación

NON DEBE de haber termo máis discutible có de nación. Tanto que existen ensaios enteiros, e ben deles, para falar diso en exclusiva. Pero os autores non conseguiron achegar á xeneralidade que nación é unha expresión política e de sentimento, por moito que estea estendida como sinónimo de estado, que ese si é un termo xurídico e administrativo. Entón que Felipe González, ultimamente parece que exercente de mesías redentor de Cataluña, Artur Mas, Mariano Rajoy ou Angela Merkel consideren ou non ese territorio como nación é intranscendente, porque iso é exclusivo de cada un e de como o sinta. A ver se separamos termos dunha vez. Pois ninguén dubidará que Suíza é un estado pero non unha nación, nin tampouco que os xudeus forman unha gran nación que sobrepasa inmensamente os límites de Israel, nin que a nación kurda forma parte de catro estados. Nación non é territorio.

Comentarios