Opinión

Visibilidade franquista

NON SON máis, son os mesmos, pero máis visibles, desacomplexados. Cando se cumpren 43 anos do falecemento de Franco, para dous millóns de españois (ese número calcula o CIS) está máis vivo ca daquela, como se o intento de retirada do Valle de los Caídos dos restos do ditador os impelera a exteriorizar a súa ideoloxía, ata agora larvada, pero non liquidada.

Nunca tantas bandeiras cos símbolos do antigo réxime se viron como ata agora, fortalecéndose, e xa non só en partidos testemuñais, senón influíndo nos demais. Neste cabodano parece emerxer un sentimento aparentemente residual de nostálxicos de brazo en alto, legais porque a democracia lles deixou as portas abertas e aproveitan esa greta e que algúns partidos lonxe de enquistalos transixen coa súa simboloxía e permiten así robustecerse. Que o 4,5 por cento da poboación sexa franquista é unha eiva, pero peor sería que aumentase debido á súa maior visibilidade.
 

Comentarios