sábado. 12.06.2021 |
El tiempo
sábado. 12.06.2021
El tiempo

Viraxe que provoca un terremoto

PARECÍA que non, pero pode ser que si. Este ano non debería de haber máis eleccións en ningún territorio español, desbotada a posibilidade de adianto das xerais como algúns especularon polas desavinzas do Goberno, pero quen as pode convocar sabe que o escenario non diferiría demasiado do actual, polo que sería volver empezar; entón, para que? Pero o cambio de bando de Cs en Murcia provocou un terremoto político que pode desembocar en urnas nalgunhas comunidades. E todo pola volta ás raíces dun partido que naceu como transversal pero que se inclinou á dereita ata culminar na foto de Colón, e agora retrocede de tal xeito que pode estar no executivo andaluz co PP e no murciano co PSOE; bisagra ao xeito do FDP alemán, liberal con máis de 70 anos de historia e na actualidade gobernando cos conservadores do CDU en Renania do Norte e cos socialdemócratas do SPD en Renania Palatinado. Sen máis cordón sanitario que a extrema dereita.

Viraxe que provoca un terremoto
Comentarios