Martes. 21.11.2017 |
El tiempo
Martes. 21.11.2017
El tiempo

Venezuela, unha comunidade máis

XA PARECE Venezuela a décima oitava comunidade española, como se non obtivera a independencia hai dous séculos e seguira dependendo da metrópole. As televisións tratan case como información nacional a orixinada no país de ultramar. Non ten parangón con ningún outro Estado, por moi cercano que estea a este. E tanto PP como Ciudadanos tamén o utilizan recorrentemente no debate político patrio para atacar a Podemos, e incluso participaron na última campaña electoral en actos con Venezuela como protagonista. É raro o enfrontamento dialéctico no Parlamento español no que non reloce a república suramericana. Rajoy, acosado pola corrupción, revírase contraatacando co país de Maduro e López como argumento contra os seus rivais, como se a única saída ao seu problema sexa arremeter con un «e ti máis». Como se non houbera preocupacións aquí para ter que buscalas fóra.

Venezuela, unha comunidade máis
Comentarios