Opinión

Varias frontes de batalla popular

A tardía resposta de Feijóo ante o liderado baleiro do PP, logo escenificada en renuncia por Galicia, deixou terreo abonado para que xermolaran candidaturas en vez da aclamación incontestable que se podía agardar para o presidente galego. O ideal para o partido era que non houbera batalla e que así abrollara a unidade, pero deuse todo o contrario. E entre dúas poderosas mulleres xurdiu unha terceira vía que ten visos de ocupar en parte o espazo do que se retirou Feijóo. Casado nin está abrasado polo partido nin polo Goberno, por iso pode abandeirar a renovación, se ben se lle xorde algún cadáver no armario, como a Cifuentes un máster dubidoso ou a Huerta unha fraude fiscal, sería peor para o PP. O aspirante, con títulos académicos baixo sospeita e protexido neste cálido verán popular pola sombra de Aznar, suma apoios mentres outras pelexan entre elas polo legado de Rajoy.

Comentarios